miércoles, 25 de junio de 2008

Curso de formación de mediadores/as xuvenís en educación afectivo-sexual e prevención da transmisión do VIH-sida

Estimad@ amig@:
O Consello da Xuventude de Galicia organiza unha escola de formación de mediadores xuvenís que poida que sexa do teu interese. Achegamosche toda a información de cara a que te inscribas se é do teu interese.Unha aperta.
--

Presentación
A formación de mediadoras e mediadores xuvenís en educación afectivo-sexual encádrase entre o grupo de accións que o Consello da Xuventude de Galicia desenvolve de cara a facilitar o achegamento á mocidade de contidos básicos en materia de saúde sexual: información e sensibilización orientada a reforzar os factores de protección fronte á transmisión do VIH-sida e outras enfermidades de transmisión sexual (ETS); así como aqueles aspectos que lles permitan incidir nas decisións relacionadas coa súa sexualidade.O curso que agora propoñemos encádrase no marco da IX Escola de Formación de Axentes de Saúde que ten por obxecto dinamizar recursos para entidades e asociacións a través das persoas que colaboran nelas, incidindo no papel activo da mocidade. Mediante este curso propoñemos modelos de intervención coa mocidade en educación afectivo-sexual, acordes coas necesidades e características do colectivo xuvenil, que poidan responder ás necesidades de mozos e mozas e de entidades.Revisaranse criterios necesarios para a prevención, estereotipos relacionados, ademais de aspectos metodolóxicos, e daráselle especial importancia á análise de actitudes que promovan unha sexualidade sa e respectuosa.
Preténdese fomentar a vivencia positiva da sexualidade e a mellora de hábitos e costumes saudables.

Finalidade
Contribuír á dinamización e xeración de novos recursos en educación afectivo-sexual para a mocidade, no ámbito asociativo e sociocomunitario.

Obxectivos
• Potenciar a visión normalizada da sexualidade como fonte de comunicación, saúde e pracer.
• Favorecer a comprensión da sexualidade como unha construción na que se relacionan o biolóxico, o cognitivo, o afectivo e o cultural.
• Contribuír á eliminación de mitos e estereotipos relacionados coa sexualidade, tanto por razóns culturais como de xénero.
• Promover unha visión positiva de cara á necesidade e ás posibilidades de previr a transmisión das ETS, especialmente o VIH-sida.
• Achegar información clara e actualizada en relación coas vías de transmisión do VIH e coas pautas de prevención.

Metodoloxía da actividade:
A metodoloxía terá carácter activo-participativa, tentará proporcionar espazos para a análise, a comunicación, o debate, o intercambio de experiencias e a revisión de actitudes e estereotipos con relación á sexualidade.

Contidos:
Conceptualización de sexo, sexualidade e eróticaIdentidade, rol e orientación sexual
Revisión de actitudes, valores e normas con respecto á sexualidade
Estereotipos, mitos e tabús en torno á sexualidade
Resposta sexual humanaAnatomía sexual feminina e masculina
Fecundidade e anticoncepción: métodos anticonceptivos
Prevención de embarazos non desexadosVIH-SIDA: coñecementos xerais sobre o VIH-sida
Formas de transmisión: prácticas de risco e prevención
Necesidades reais de información e formación de cara a realizar actividades de educación afectivo sexual e prevención de VIHIntervención en educación para a saúde na adolescencia
A figura da mediadora ou mediador xuvenil
Metodoloxía en educación afectivo-sexual
Revisión de novos recursos didácticos

Destinatarias/os:
Poderán participar un máximo de 35 persoas.Na formación e selección do grupo de participantes terán prioridade aquelas persoas que formen parte de asociacións xuvenís ou teñan experiencia asociativa.

Datas de realización:
14, 15, 16, 17 e 18 de xullo de 2008

Duración:
35 horas

Horarios:
Mañás: de 10:00 a 14:00 h (de luns a venres)Tardes: de 16:00 a 20:00 h (de luns a xoves)

Lugar:
Santiago de Compostela

INSCRICIÓN GRATUÍTA

Formulario de preinscrición:
http://www.cxg.org/comunicacion/preinscricion.php?id_axenda=187&lg=gal

Data límite de solicitude: 7 de xullo de 2008
A asistencia á actividade confirmarase persoalmente por teléfono ou por correo electrónico.

Organización, información e inscrición:
Consello da Xuventude de GaliciaFonte do Santo Antonio, 25, 1º15702 Santiago de CompostelaTeléfono: 981 569 560Fax: 981 563 488
info@cxg.org

No hay comentarios:


Plantilla original blogspot modificada por plantillas blog